Sanidade amplia en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe

1 minutes read

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, informou da decisión de prorrogar en dúas semanas a campaña de vacinación contra a gripe, que se estenderá até mediados do mes de xaneiro de 2022, ou até esgotar as doses dispoñibles.
O obxectivo desta medida é posibilitar que se poidan vacinar todas aquelas persoas que aínda non o fixeron ate o de agora, pertenzan ou non, aos grupos de poboación cuxa vacinación contra a gripe está indicada. Neste senso, e co ánimo de acadar o maior número de poboación vacinada posible, Sanidade activou tamén a posibilidade de vacinarse contra a gripe nos grandes recintos habilitados para vacinarse da covid-19.