Sanidade amplía os horarios de vacinación da Covid e pide poñer a dose de reforzo

Vacina

A Consellería de Sanidade amplía os horarios nos puntos de vacinación para cidadáns que aínda non teñan posta a cuarta dose da vacina fronte ao coronavirus. Así, desde este sábado, 21 de xaneiro, todas as áreas ampliarán os días nos que se poderá acudir a poñer a vacina, incluíndo sempre a xornada do sábado. Tamén abrirán o domingo os puntos de vacinación situados en todos os distritos sanitarios, excepto en Cee, O Barco e Verín. Auméntase así o número de citas dispoñibles en todas as áreas e facilítase que as persoas poidan solicitar a súa vacina. É importante facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar. Pode facerse a través da aplicación Sergas Móbil ou no teléfono 881 54 00 45. A Dirección Xeral de Saúde Pública volve facer un chamamento á vacinación e sinala que, para a xente que aínda non teña posta a cuarta dose, hai 29.000 citas dispoñibles semanais para adultos e 1.100 para nenos e nenas no sistema de autocita.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha