Carolina Darias anunciou que o Ministerio de Sanidade presentará ante o próximo Consello Interterritorial do Servizo Nacional de Saúde (SNS) o «Plan para a ampliación da Carteira Común de Servizos de Saúde Bucodental no SNS». A ministra de Sanidade asegurou que esta é «unha das medidas de maior impacto do SNS, pois está dirixida á poboación española en xeral e en concreto, de forma especial, a máis de 7 millóns persoas». Así o adiantou no Congreso dos Deputados durante a súa comparecencia, a petición propia e dos grupos parlamentarios, ante a Comisión de Sanidade e Consumo; comparecencia que comezou cun «recoñecemento explícito» ao sistema público de saúde, os profesionais sanitarios e todos os servidores públicos polo seu traballo fronte á pandemia.