Sanidade anuncia que adiantará unha semana a vacinación da segunda dose de Astrazeneca

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou este mércores, da decisión adoptada polo comité clínico de adiantar unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose da vacina de Astrazeneca.

O titular de Sanidade adiantou que o departamento que dirixe tamén traballa nun documento de desescalada que ten por obxecto avanzar cara a nova normalidade. Neste sentido, apuntou que, previsiblemente, a semana que vén definiranse novos protocolos e medidas que “permitan saír do letargo provocado pola pandemia”.

Neste sentido, convidou á poboación a acudir a súa cita de vacinación para continuar a mellorar os bos datos epidemiolóxicos que reflicte, arestora, a comunidade galega. Así, instou a continuar a manter a prudencia amosada no que respecta ao cumprimento das medidas establecidas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha