Sanidade asegura que España está por riba da media europea en vacinación

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, lembra que a estratexia de vacinación é única para toda España, algo que deben seguir todas as comunidades autónomas, e que calquera cambio que se faga nos calendarios ou nos grupos que deben recibir a vacina é vinculante. A Comisión de Saúde Pública é a que terá a última palabra sobre quen son os seguintes a vacinar. A ministra, asegurou que España está por riba da media europea en vacinación, e que máis de 800.000 persoas xa recibiron as dúas doses. O obxectivo é conseguir que para o verán o 70% da poboación estea inmunizada. «A vacina xa está aquí, así que só queda vacinar, vacinar e vacinar para inmunizar canto antes a todos os españois», anunciou Darias. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha