Sanidade avanza na creación dunha rede de radioterapia do Sergas


“Queremos seguir avanzando na creación dunha rede única que vinculará aos diferentes servizos de Oncoloxía Radioterápica de Galicia, o que, sen dúbida, redundará en beneficio de todos os pacientes galegos”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Hospital Meixoeiro de Vigo, nunha Xornada de transferencia de coñecemento interno: Rede de radioterapia do Sergas, acto no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente. A creación dunha Rede de Radioterapia do Sergas “traerá consigo melloras indubidables na calidade asistencial, non só aos doentes e ás súas familias, senón, tamén, aos profesionais de cada unidade”.