Conmemorado en Vigo o Día Mundial do Doante de Médula Ósea

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comeseña, acompañado do alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu un acto, que tivo lugar ao carón da unidade móbil de doazón da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que visitaba a viguesa Rúa Príncipe, lembrando a necesidade de achegar o coñecemento sobre a doazón de medula ósea entre a cidadanía co gallo da conmemoración, este sábado 18 de setembro, do Día Mundial do Doante de Medula Ósea. Tamén estiveron presentes no acto a directora de ADOS, Marísa López García, e o presidente de ADROVI, Celso García Estévez, quen instalou unha mesa informativa para promover este xeito de doazón entre a cidadanía. Actualmente, ADOS está implementando as medidas correspondentes ao desenvolvemento da terceira fase do Plan Nacional de Medula Ósea, que ten por obxectivo acadar un nivel de autosuficiencia do 35% no ano 2022, sendo unha das liñas mestras de traballo da Estratrexia Nacional de Transplante de Proxenitores Hemaxopoéticos para os anos 2020-2025 (ENTPH).