0
- Trátase da maior puntuación outorgada pola Consellería de Sanidade
A Consellería de Sanidade outorgou a nota de ‘Excelente’ ás augas dos areais malpicáns de Area Maior e Seiruga tras varias análises de calidade. Trátase da máxima puntuación á que poden aspirar as zonas de baño cando non hai presenza de verteduras ou microorganismos que poden ser nocivos para a saúde humana.