Sanidade desprega un dispositivo específico para a chegada dos repatriados españois procedentes de Wuhan

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

  • Os pasaxeiros serán trasladados ao hospital Gómez Ulla onde permanecerán en corentena 14 días, o período máximo de incubación do virus

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, confirmou que «todo está a punto para proceder á repatriación», tras reunirse cos directores xerais de Saúde Pública das comunidades autónomas e sociedades científicas.

Os pasaxeiros serán trasladados ao hospital Gómez Ulla onde permanecerán en corentena 14 días, o período máximo de incubación do virus. Trátase dunha medida excepcional acordada no seo da UE para garantir a seguridade de toda a cidadanía da Unión.

«A nosa responsabilidade é velar por que poidan volver con todas as garantías para a súa seguridade e a do conxunto de cidadáns», sinalou Illa. «E por iso, imos adoptar todas as precaucións, evitando ao máximo calquera risco».

O centro hospitalario reservou unha planta para albergar aos cidadáns de españois procedentes de Wuhan. As persoas en corentena poderán recibir a visita dos seus familiares de forma controlada e equipados con medidas de protección.