Sanidade destaca que a situación epidemiolóxica da covid en Galicia continúa a ser estable

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou “a situación estable” que está a ter a comunidade no que respecta aos datos da covid, cun lixeiro incremento dos casos activos. Remarcou que a campaña de vacinación “segue a bo ritmo”, o que marca a chegada de vacinas, e animou á cidadanía a que se vacine e que acudan aos cribados, cando sexan citados polo Servizo Galego de Saúde. Subliñou, así mesmo, a boa nova das residencias, onde xa non hai contaxiados, nin residentes nin traballadores. Destacou a chegada de novas vacinas, como a de Janssen, que serán destinadas aos pacientes que están en domicilio.

Así anunciou novos cambios nos aforos dalgunhas instalacións, consecuencia da nova situación epidemiolóxica, que permite unha apertura gradual e pausada. Así, os mercados de menos de 150 postos autorizados, poden colocar o 100%; entre 150 e 250 postos poden colocar o 75%, e máis de 250 postos, poden colocar o 50%. Os congresos tamén aumentan os aforos, que pasan no interior a 500 (antes 300); mantendo 1.000 no exterior, pero coa posibilidade de aumentar con informe de saúde pública. Nas feiras de atraccións, os aforos sitúanse no 50% sentados e 30% en movemento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha