- As personas non vacinadas e que son contacto estreito dun positivo tamén deberán illarse durante unha semana
A Comisión de Saúde Pública, da que forman parte o Ministerio de Sanidade e as diferentes comunidades autónomas, acordou este mércores reducir a sete días o illamento daquelas persoas que son positivo en Covid-19 fronte aos dez actuais.
Por outra banda, aquelas persoas non vacinadas que son contacto estreito dun positivo tamén verán diminuído o seu illamento a sete días. O que non varía é a situación dos vacinados que, aínda sendo contacto estreito dun afectado por Covid-19, non teñen que facer corentena.
Esta nova medida vai en concordancia coa aplicada noutros países como Estados Unidos, Italia ou Reino Unido, onde tamén se acurtou o illamento dos contaxiados ante a variante Ómicron, moito máis contaxiosa pero tamén menos virulenta.