Consellería de Sanidade e internistas chegaron a un acordo que recolle por unha banda facer unha xestión centralizada das vacantes de todas as áreas e, pola outra que os contratos de médicos internistas que se fagan en todos os hospitais da rede, poden incluír un período de colaboración no comarcal que o precise. Esta será unha medida que entrará en vigor inmediatamente. Outra das solucións propostas pola Consellería foi a de ofrecer aos internistas adiantar a resolución da OPE e o concurso de traslados, aínda que os facultativos preferiron agardar ata despois do verán.
Cómpre destacar que durante a xuntanza quedou claro que non houbo por parte do Sergas ningún tipo de maltrato aos profesionais e que sí houbo reforzo dos servicios de Medicina Interna durante a pandemia pola covid-19. O interese da Consellería de Sanidade é garantir o servizo tamén nos hospitais comarcais, que están a realizar un importantísimo labor. O sistema de contratación busca cubrir as necesidades de Medicina Interna dos hospitais comarcais, á vez que permite a contratación no resto de hospitais.