A Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos, acordaron traballar xuntos na mesma dirección á hora de investigar estas actuacións, para esclarecer se médicos da sanidade pública colaboran con esta plataforma. Ademais, o departamento sanitario galego está a traballar para recabar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma. De feito, desde a Consellería de Sanidade xa se están a facer indagacións sobre a procedencia de diferentes cartas enviadas a médicos galegos.
Remarcar, así mesmo, que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade, no que manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista.
40