Sanidade esperará a valoración da EMA para administrar as vacinas de Janssen


España esperará a que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) emita o seu informe sobre a seguridade da vacina de Janssen contra o coronavirus para comezar a distribuílas e administralas, despois de que algúns casos de trombos paralizasen a campaña en Estados Unidos. “Imos ser prudentes”, confirmou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, tras a reunión do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde coas comunidades autónomas. As primeiras 146.000 doses da vacina monodosis producida pola filial de Johnson&Johnson xa chegaron a España, aínda que cun día de atraso, porque a compañía suspendeu os envíos a Europa ao coñecer o aviso das autoridades sanitarias estadounidenses.