Sanidade establece o nivel medio de restricións nos concellos de Camariñas e Malpica


O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza deste martes o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.