Sanidade fai un chamamento á prudencia ante a boa evolución epidemiolóxica


Intervención do consellerio de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a xuntanza do grupo de expertos.

O consellerio de Sanidade, Julio García Comesaña, valorou positivamente os datos epidemiolóxicos da comunidade, tras comezar o pasado venres o denominado proceso de desescalada. Con todo, o máximo responsable da Sanidade galega apelou á prudencia e a continuar co cumprimento estrito das medidas hixiénico-sanitarias vixentes.

Trala xuntanza do grupo de expertos que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada polo virus, Comesaña apuntou que o vindeiro venres erguerase o peche da área sanitaria de Ferrol co que recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

Neste sentido, o concello pontevedrés de Soutomaior será o único municipio de Galicia que permanecerá no nivel máximo de restricións. Ademais, os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás ficarán no nivel alto. Os restantes concellos galegos situaranse no nivel medio.