Sanidade fai un chamamento a vacinarse da gripe e da Covid antes de que remate o ano

1 minutes read

A tal efecto, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, o día 9 do presente mes, remata a vacinación da gripe e da covid nos grandes recintos. Deste xeito, dende o luns, 11 de decembro, o departamento sanitario galego continuará inmunizando á cidadanía galega nos hospitais e centros de saúde.

As persoas de 80 e máis anos, como ata o de agora, poden acudir previa cita ao seu centro de saúde de cabeceira para recibir a vacina de covid e gripe.

Se o prefiren poden acudir a vacinarse nos hospitais, como terán que facer o resto das persoas menores de 80 anos que teñen indicada a vacinación de covid e gripe. Para iso, deben coller autocita nos días e horas dispoñibles, que se poden consultar no seguinte enderezo:

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/PUNTOS-VACINACION-COVID-GRIPE-2023

As persoas que só queiran poñer a vacina da gripe, poden acudir ao seu centro de saúde pedindo cita de maneira habitual.