Sanidade fará cribados en Muxía, Dumbría e Cee ante o aumento de casos de Covid-19

1 minutes read

Así o explicou o conselleiro, Julio García Comesaña, durante unha visita ao recentemente reformado PAC de Cee, onde lembrou que esta área é unha das que agora mesmo preocupan os expertos do comité clínico pola evolución do coronavirus, máis concretamente os municipios de Muxía e Dumbría. Estes dous concellos, para os que non se tomaron, polo momento, medidas restritivas adicionais, están «en observación», apuntou García Comesaña, quen avanzou que este venres volverá a revisar a súa situación» o subcomité clínico. En función dos datos, destacou, tomaranse «todas as accións» que os expertos e profesionais da área sanitaria indiquen como adecuadas. Entre elas, avanzou un cribado polos servizos esenciais dos concellos de Muxía, Dumbría e Cee, así como por determinados grupos de idade e colectivos profesionais que «os sanitarios suxiran».