Sanidade fará este sábado un cribado xeral á veciñanza de Vimianzo de entre 16 e 30 anos


A Consellería de Sanidade informou este xoves de que o vindeiro sábado, 3 de xullo, terá lugar un cribado poboacional para a veciñanza de Vimianzo de entre 16 e 30 anos. 
Desde o goberno local solicitan a total colaboración cidadá na participación nestas probas, para un óptimo control da situación epidemiolóxica.