Sanidade impón novas restricións en Carballo e A Laracha

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña_Xunta de Galicia

Lugo, Ourense, Santiago e Santa Comba tamén deberán cumprir co mesmo protocolo. Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, tras a reunión co comité clínico de expertos que asesora á Xunta. Almuíña sinalou tamén a importancia de manter precacuión nos espazos pechados.»Que ademais da ocupación haxa unha distancia física entre as persoas non conviventes».

As medidas a destacar son as seguintes:

  • Límite de reunión de 10 persoas.
  • Ocupación dun 50 % nos locais de hostalaría e terrazas.
  • Prohibido o consumo na barra dos bares.
  • Péchanse residencias e centros de día.
  • Como novidade, é obrigatorio o uso da máscara en ximnasios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha