Sanidade iniciará este venres un cribado masivo en Ponteceso

PIXABAY

  • Serán citadas vía SMS aquelas persoas empadroadas no Concello con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos

A Consellería de Sanidade convoca un cribado masivo na localidade de Ponteceso para detectar posibles asintomáticos entre aqueles veciños do municipio que teñan entre 18 e 65 anos. As probas realizarase no centro de saúde de Ponteceso a partir deste venres pola tarde e ata o domingo, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00.

En concreto os participantes someteranse a un test de antíxenos, e todos recibirán unha mensaxe SMS nos seus teléfonos onde se lles indicará o día e a hora da cita.

A publicación no DOG das medidas da desescalada decretadas pola Xunta de Galicia confirman, finalmente, que Ponteceso e Corcubión son os dous únicos concellos da Costa da Morte que quedarán, polo de agora, no nivel máximo de restricións debido á súa incidencia acumulada (IA). En concreto, Ponteceso é o único concello da comarca que conta cunha IA de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.