Sanidade investiga un gromo de lexionelose na Guarda e O Rosal

A Dirección Xeral de Saúde Pública investiga un gromo de lexionelose nestes dous concellos, donde das nove persoas ingresadas tres xa recibiron a alta este domingo. Seguindo os protocolos de Saúde Pública, constituíuse un equipo de investigación epidemiolóxico e ambiental do gromo e realizáronse as enquisas pertinentes. Na investigación ambiental, tomáronse mostras da auga de traída nas zonas onde residen as persoas afectadas e nos domicilios de cinco delas. Polo momento, foron negativas e aínda non se pode determinar a fonte de exposición da bacteria, que se dispersa co aire.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha