Sanidade investirá 2,4 M€ no Hospital Comarcal de Valdeorras

1 minutes read

Así o anuncio o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na visita que realizou ao centro hospitalario. A meirande parte deste orzamento irá dedicado á reforma de da área de Cirurxía maior ambulatoria, Farmacia e Hospital de Día cun presuposto de 1,4 millóns de euros, e da que se sacará a licitación da obra proximamente. Segundo explicou García Comesaña, nesta reforma vanse realizar actuacións en tres áreas. Por unha banda, está a zona do Hospital de Día, onde haberá cadeiras de brazos separadas para favorecer a privacidade do tratamento, camas lixeiras de fácil transporte, e un control de enfermería aberto que permitirá a vixilancia de todos os postos. Tamén se incluirán dúas consultas e unha sala de espera para Oncoloxía/Paliativos e unha sala independente para a zona de Endoscopias/Dixestivo, con dúas áreas incorporadas: unha adicada á espera de consultas e outra á espera de probas.

A segunda das zonas de reforma é a Unidade de cirurxía maior ambulatoria. Nela vaise ampliar a zona de atención preoperatoria, cunha sala diáfana, máis ampla, coas áreas de camas e de cadeiras de brazos distribuídas de forma que é posible a visión directa de todos eles desde o control de enfermería, pero con posibilidade de peche para manter a privacidade

Na terceira das áreas, a de Farmacia, vaise crear unha zona de recepción-dispensación. unha zona para a almacenaxe de material necesario, localización da neveira de citostáticos e colocación dos EPI do persoal que traballe no interior das cabinas. Tamén haberá espacio para o laboratorio e unha área especifica para a realización do reenvasado.