O departamento sanitario galego lembra a necesidade de contar entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para permitir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos centros hospitalarios. Ao mesmo tempo, agradece a solidariedade da xente, e incide en que son precisas as doazóns de todos os grupos, salientando a necesidade de aumentar, nestes momentos, as reservas de hemoderivados do A Negativo, 0 Positivo e AB Negativo. Poden doar sangue todas as persoas entre 18 e 65 anos, cun peso superior aos 50 quilos e que non teñan padecido ou padezan enfermidades transmisibles polo sangue. Podendo realizar a doazón nos locais fixos que hai nas sete grandes cidades galegas ou nunha das dez unidades móbiles que se achegan, durante a semana, a preto de cincuenta concellos de Galicia. O teléfono de información gratuíto 900 100 828; e as súas páxinas en redes sociais, están como forma de comunicarse con ADOS e resolver dúbidas relacionadas coa doazón.
Sanidade lembra a necesidade de aumentar as reservas de sangue en Galicia
Imaxe de arquivo dunha unidade móbil de doazón