Sanidade leva detectados 70 casos positivos vencellados ao gromo das viaxes ás Baleares

dpm.

A Dirección Xeral de Saúde Pública leva detectados 70 casos positivos por covid-19 vencellados ás viaxes ás Illas Baleares.
Dun xeito desagregado, e de acordo ás áreas sanitarias do sistema sanitario público galego, 4 dos casos positivos pertenencen á área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras; 48 a de Pontevedra-O Salnés; 10 da área de Lugo, Monforte e a Mariña; e 8 a área sanitaria de Vigo.

Até o momento, nas áreas sanitarias da Coruña-Cee, Santiago-A Barbanza e Ferrol non se detectaron novos casos vencellados a este gromo. Ademais, no conxunto da comunidade galega hai máis de 600 persoas corentenadas, vencelladas a este abrocho.

Cómpre salientar que o Servizo Galego de Saúde continuará a realizar probas diagnósticas entre as persoas que figuran inscritas nas listaxes facilitadas pola Consellería de Educación. Sanidade solicita a máxima precaución e insiste no uso da máscara nos actos de graduación do estudantado, así como en todas aquelas situacións, onde non se poida garantir a distancia de seguridade de 1’5 metros.