Sanidade levanta a limitación da mobilidade a 7 concellos da Mariña

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explican en rolda de prensa os protocolos de ocio nocturno e de verbenas_Fonte: Xunta de Galicia

  • As modificacións referidas á mobilidade nos concellos publicaranse este sábado no DOG e entrarán en vigor ás 00.00 horas

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou este sábado que o departamento sanitario galego levanta a limitación da mobilidade en 7 concellos do distrito da Mariña, concretamente en Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada, O Valadouro e O Vicedo. Esta decisión foi tomada despois da reunión con expertos do Comité Clínico.

Así mesmo, o titular da carteira sanitaria anunciou que noutros 6 concellos do distrito, Barreiros, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove, só se permitirán os desprazamentos na franxa dos seus territorios.

O concello de Burela, manterá limitada a mobilidade ao ámbito xeográfico do término municipal.

Para o conxunto de concellos do distrito da Mariña seguen vixentes as medidas de prevención de redución de aforos nos bares e centros de ocio ao 50%, o cumprimento dos horarios de apertura e peche de forma escrupulosa, e os límites xerais de 60 persoas para actividades en espazos pechados e 150 ao aire libre, e un máximo para grupos de persoas non convivintes de 10.

As modificacións referidas á mobilidade nos concellos publicaranse hoxe mesmo no DOG e entrarán en vigor ás 00.00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha