- Na Costa da Morte, o municipio de Ponteceso continúa no nivel alto de restricións
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou venres nunha rolda de prensa que o luns día 8 de marzo, a partir das 00:00 horas, levantaranse os peches perimetrais das áreas sanitarias de A Coruña e Pontevedra. Polo tanto, os concellos destas áreas recuperarán a mobilidade coas localidades restantes sempre que se atopen no mesmo nivel de restricións. Esta é unha medida adoptada tras a reunión do subcomité clínico que avalía a situación epidemiolóxica en Galicia, a cal mellorou notablemente desde que se puxeron en marcha as medidas de desescalada.
García Comesaña tamén anunciou que os concellos de Boborás, Poboa de Brollón e A Mezquita entrarán no nivel máximo de restricións xunto coa localidade pontevedresa de Soutomaior.
No que atinxe ao nivel alto, o conselleiro especificou que pasará a estar formado polos concellos de Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Cambados, Ponte Caldelas, Mos,Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Cariño e Mugardos. No resto dos concellos galegos rexerán as medidas do nivel medio.
Durante a súa intervención, García Comesaña volveu a solicitar a colaboración de toda a cidadanía para que continúe a boa evolución da pandemia en Galicia.