38
- Carballo e A Laracha escalan a nivel medio e Coristanco a nivel alto.
Así o acordou o comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia de covid-19 na súa reunión deste martes. Deste xeito, O Grove e A Pobra, localidades baixo as máximas restricións desde o 9 de abril, baixan ao nivel alto, polo que quedarán de novo abertas perimetralmente e poderán retomar a súa actividade os negocios de hostalaría, aínda que co servizo limitado ás terrazas e cunha ocupación do 50%. As máximas restricións continuarán activas en Carballeda de Valdeorras, Cualedro e Vilanova de Arousa, únicos tres municipios dos que os seus veciños non poden saír salvo causas xustificadas, a hostalaría permanece pechada e están prohibidas as reunións de non convivientes.