33
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou da decisión de limitar as xuntanzas na hostalería a un máximo de 6 persoas no interior e, a 10 nos espazos exteriores e terrazas, en todos os niveis, salvo no nivel alto, no que segue a prohibición de abrir no interior dos locais. Esta medida terá carácter de recomendación nos restantes ámbitos sociais, co ánimo de atallar a expansión do virus. Ademáis, o responsable de Sanidade informou que a obriga de presentar unha PCR ou test de antíxeno negativo -realizado nas últimas 72 horas- ou o certificado de vacinación completa, será extensivo dende o vindeiro martes día 20 de xullo aos locais de ocio nocturno que se ubican en concellos de nivel medio baixo.