42
Mantén a prohibición de xuntanzas de non conviventes nas localidades nas que xa estaba en vigor. É a decisión adoptada na reunión do comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia co obxecto de conter a expansión do virus.
O encontro dos expertos celebrouse este martes pola tarde e prolongouse durante horas. Fontes do Goberno galego indicaron á prensa que este órgano seguirá «tomando decisións nos próximos días».
Non se agardan cambios ata o venres, cando hai prevista unha nova xuntanza do subcomité clínico para analizar a evolución da pandemia en Galicia.