Sanidade ofrecerá un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos

Os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña e Román Rodríguez González, participaron por videoconferencia, no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, conxunto coa Conferencia Sectorial de Educación e a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Na reunión, a Xunta a través dos seus conselleiros, manifesta a súa preocupación polo hipotético cambio na vixilancia e xestión dos casos positivos de nenos e nenas.


Na rolda de prensa posterior á xuntanza o conselleiro de Sanidade anunciou que a Xunta segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa e, así, o Executivo galego ofrecerá un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos, que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Este segundo test estará dispoñible a partir do día sete de xaneiro.
A Xunta de Galicia non ten dúbida que os centros escolares son seguros, e así deben seguir, para o que é necesario avanzar na inmunización da comunidade escolar, xa que a volta ao colexio o día 10 será presencial. Ao respecto, o Goberno galego comezou hoxe a administrar máis de 36.000 doses contra a covid á poboación con idades comprendidas entre os sete e os nove anos.
O conselleiro de Sanidade manifestou que Galicia segue a ser líder no proceso de vacinación e, no que respecta á poboación pediátrica, o 38,45% dos rapaces entre 9 e 11 anos xa teñen unha dose da vacina, uns 56.700 rapaces.
García Comesaña considera moi importante avanzar na vacinación infantil dado que a incidencia acumulada de menores de 11 anos supera os 2.200 casos por 100.000 habitantes. O responsable sanitario tamén destacou o bo ritmo de vacinación no colectivo dos docentes, remarcando que urxe poñer a terceira dose no profesorado menor de 40 anos, polo que pide ao Ministerio de Sanidade que avance na estratexia de vacinación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha