Sanidade participa no lanzamento do proxecto Tartaglia, do que forman parte 17 entidades

1 minutes read

A Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), participa no proxecto TARTAGLIA para a creación dunha rede federada de intelixencia artificial co obxecto de acelerar a investigación sanitaria. O proxecto, cun orzamento de máis de 7,5 millóns de euros, enmárcase en dentro do Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial, financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

O obxectivo principal de TARTAGLIA é facilitar e fomentar a investigación clínica e sanitaria. Os datos clínicos das persoas son dos máis críticos e sensibles e o seu uso para a creación de modelos de Intelixencia Artificial está moi limitado polas restricións regulatorias, administrativas, de seguridade e privacidade. Existen outros sectores que se beneficiarán da tecnoloxía (banca, turismo, servizos, transporte, etc.), pero o maior impacto social e económico é no sector Saúde.

A aplicación desta tecnoloxía nunha contorna relevante permitirá posicionar a tecnoloxía máis preto do seu obxectivo final, que é a comercialización. O proxecto conta coa participación de varias organizacións nacionais de saúde, entre elas axencias e institutos asociados a hospitais así como os servizos autonómicos de saúde de Galicia, Canarias e A Rioxa.