Sanidade pecha durante cinco días os accesos á costa de Lugo

A medida entra en vigor ás 00:00 deste luns, o movemento entre os concellos mariñaos mantense. Redúcense os límites de ocupación nos locais e a máscara pasa a ser obrigatoria xa dende o momento en que saímos da casa, tamén en praias e piscinas, onde soamente se poderá quitar no momento do baño. O brote da Mariña ten agora mesmo 99 casos activos, despois de que sete deles recibiran a alta nas últimas horas. Vense afectados 14 concellos que compoñen o distrito sanitario da Mariña, nos que non se poderá entrar ou saír agás por causa xustificada, como por exemplo, para ir a traballar.