Sanidade pecha Ourense e Barbadás para tratar de conter a pandemia


A Consellería de Sanidade acordou restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás. Os seus habitantes non poderán desprazarse fóra dos seus concellos agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.

Así o decidiu o Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 logo da xuntanza deste martes na que se analizou a situación epidemiolóxica na comunidade autónoma.

Así mesmo, decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño.

Nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e Valdeorras