Sanidade pon en marcha plans de saúde locais nas sete áreas sanitarias


A Consellería de Sanidade está a poñer en marcha Plans de Saúde locais nas sete áreas sanitarias. Xa se conta con propostas dos servizos de Sárdoma, Lavadores, Santa Comba, Os Tilos, As Pontes, Caranza, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, Cambados, Virxe Peregrina, Os Mallos, Elviña e Vilalba. A tal efecto, persoal directivo da Consellería de Sanidade estase a desprazar aos servizos das 7 áreas sanitarias para prestarlles apoio no desenvolvemento dos Plans. Nestes plans locais, tratarase a redistribución das tarefas do equipo de atención primaria, para unha mellor resposta á demanda da poboación, e a abordaxe da relación entre primaria, hospital, servizos sociais e a comunidade. Ademais, estase potenciando a elección de xefes de servizo e coordinadores a través de concursos nos que se valore o seu proxecto de saúde local, liberándoos de parte das tarefas asistenciais para centrarse nas súas labores de xestión e coordinación.