Sanidade presenta o proxecto audiovisual ‘A receita galega’

1 minutes read

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, presentou, na sede da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), o proxecto audiovisual “A Receita Galega”, que ten como obxectivo a promoción dun envellecemento activo e saudable. Trátase dunha iniciativa en formato microdocumental rodado a comezos deste ano entre as cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Quintela de Leirado, que pretende abordar as claves do envellecemento activo en Galicia.

Neste documental, amósanse os hábitos de vida e a rutina dalgunhas persoas lonxevas con moi bo estado de saúde e, ao mesmo tempo, establécese un contraste coas achegas dun grupo de expertos en materia de envellecemento. É, por tanto, un proxecto de actualidade que aborda diversos aspectos como a actividade física, a alimentación, o sono e aspectos psicosociais de interacción coas persoas e co entorno.