Sanidade presentou o programa PROTEGO para a prevención de condutas aditivas

1 minutes read

PROTEGO é un programa de prevención de condutas aditivas, así como de condutas problemáticas favorecedoras de exclusión, de tipo selectivo porque vai dirixido a familias vulnerables e/ou en risco social. Está baseado no adestramento familiar en habilidades educativas e fomento da parentalidade positiva de pais e nais con fillos e fillas de 9 a 13 anos, con factores de risco, co fin de mellorar as súas habilidades educativas, limitar a exposición dos fillos e fillas aos factores de risco, aumentar os factores de protección e fortalecer as relacións pais/nais cos fillos e fillas. Todo iso, mediante unha metodoloxía de traballo activa e participativa cos pais e as nais. A presentación tivo lugar no edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, ante 105 profesionais de diferentes colectivos. O acto contou con intervención da subdirectora xeral de Programas de fomento de estilos de vida saudables da Consellería de Sanidade, Silvia Suárez Luque.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?