Sanidade propoñerá atrasar a segunda dose para vacinar a máis xente

Vacina

O Ministerio de Sanidade propoñerá atrasar a inoculación das segundas doses das vacinas de Pfizer e Moderna contra o coronavirus aos menores de 80 anos. Os técnicos do departamento que dirixe a ministra Carolina Darias e das comunidades autónomas tratarán a cuestión na Comisión de Saúde Pública co obxectivo de inocular os antídotos a máis persoas en menos tempo. O intervalo entre as dúas inxeccións da pauta completa pasaría dos 21 e 28 días, que se indican nas respectivas fichas técnicas, a seis ou oito semanas. Isto é, entre 42 e 56 días, máis do dobre de tempo, pero só para menores de 80 anos. Mentres tanto, para maiores de 80 anos e grupos de risco, as segundas doses manteríanse como figura nos prospectos.