- As probas terán no lugar no centro de saúde de Ponteceso
O concello de Ponteceso acollerá na tarde deste venres un cribado para detectar asintomáticos entre aqueles veciños con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos. Segundo informan desde o Goberno local, están citadas algo máis de 290 persoas.
As probas PCR realizaranse no centro de saúde de Ponteceso en horario de 15:30 a 20:30 horas coa colaboración de Protección Civil da localidade.
Ponteceso rexistra este xoves un total de 21 casos.