Sanidade realizará este xoves un cribado en Camariñas

Imaxe de arquivo de persoal sanitario

Este xoves, 17 de decembro, terá lugar un cribado xeral no Concello de Camariñas para localizar a persoas afectadas por coronavirus que son asintomáticas.

As probas faranse na Casa da Pedra en dúas quendas: os sectores da hostalaría, auxiliares de axuda a domicilio e taxistas terán que presentarse entre as 12 e as 15 horas; mentres que as confrarías irán de 17 a 19 horas.

O cribado levarase a cabo por grupos de 30 persoas cada media hora e citados polo Sergas.