- Burela, ao ser o municipio con máis casos rexistrados, será onde se inicie primeiro o cribado
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle este luns aos alcaldes e alcaldesas da Mariña que a Consellería de Sanidade realizará un estudio epidemiolóxico completo aos colectivos profesionais máis expostos á covid-19 nos 14 concellos que conforman o distrito sanitario da Mariña.
Entre o conxunto de profesionais aos que se lle realizarán ás probas atópanse o persoal sanitario dos centros de saúde, PAC e hospitais da comarca, os corpos de policía local; ademais doutros colectivos vulnerables, como son o Servizo de Atención no Fogar (SAF), os membros de Protección Civil, o persoal de socorrismo ou os traballadores municipais e membros da corporación local.
Almuiña explicou que na folla de ruta marcada pola consellería priorizarase a realización das probas segundo a situación epidemiolóxica de cada concello, polo que en Burela, onde está o maior número de casos activos neste momento, será onde se inicie o cribado.