O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, insistiu na importancia de que a cidadanía asista aos cribados para frear a propagación da covid. Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, subliñou que, na actualidade, a incidencia acumulada en Galicia a 7 días sitúase en 32 casos por 100.000 habitantes e a 14 días en 54,5 casos. A directora xeral dixo que, respecto da semana pasada, se observa un incremento da incidencia, que non é abrup-to pero sí paulatino e continuado.
Respecto da porcentaxe de probas positivas, Durán dixo que sitúase en Galicia no 2,68%, o que vén supoñer a metade do 5% que pide a Organización Mundial da Saú-de para declarar a situación controlada.
Tamén se referiu a importancia de seguir intensificando os cribados e, ao respecto, a Consellería de Sanidade xa ten establecidos cribados para esta semana, nos que se citarán a máis de 11.000 persoas. Neste senso, e ao igual que fixo o secre-tario xeral da Consellería, pediu a colaboración das galegas e galegos para que acudan cando sexan citados para, deste xeito, detectar contactos dunha maneira eficiente.
