Sanidade retira os produtos dunha queixería de Taboada

dpm.

As autoridades sanitarias ordenaron o peche cautelar da queixería Casa Macán, en Taboada, Lugo, tras detectar problemas hixénico-sanitarios. Retiráronse do mercado cinco variedades de queixo e unha manteiga e recomendan que non se consuman. Con todo, desde Sanidade destacan que non hai ningún caso de enfermidade vinculado ao consumo e mandan unha mensaxe de tranquiliade á poboación.

As máquinas están paradas dende que se detectaron nunha inspección deficiencias hixénico sanitarias no mantemento das instalacións e en diferentes fases da cadea de produción.

Recoméndase ás persoas que teñas estes produtos que non os consuman e os devolvan pero fan un chamamento á tranquilidade.

Pola súa banda, dende Casa Macán din que se trata dunha paralización parcial para resolver un problema derivado dun erro na etiquetaxe. Fan un chamamento á tranquilidade e agardan reanudar a actividade nos vindeiros días.