Sanidade reúnese cos colexios oficiais de médicos para explicarlles o Plan de Vacinación fronte á covid

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reúnese cos Colexios Médicos no marco do Plan de vacinación da covid-19. FOTOS_CONCHI PAZ

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado do xerente do Sergas, José Flores Arias, reuniuse por videoconferencia cos presidentes dos colexios oficiais de médicos e de enfermería das catro provinciais galegas para explicarlles o Plan de Vacinación fronte á covid.

O obxectivo será o de vacinar, nun primeiro estadío, a 40.000 cidadáns. A campaña comezará polos colectivos considerados prioritarios. Así, os primeiros en facelo serán os arredor de 22.000 usuarios das residencias de maiores e de atención a grandes dependentes; os preto de 17.000 traballadores destes centros sociosanitarios; e os case 3.000 traballadores sanitarios que están en primeira liña.

Galicia disporá dun operativo loxístico para garantir as condicións adecuadas de almacenamento, transporte, temperatura, trazabilidade e seguridade das vacinas covid. Ademais contará cunha serie de puntos de vacinación e cunha rede segura de transporte monitorizada, con seguimento constante de temperatura e localización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha