Sanidade reunirá ás comunidades autónomas polo coronavirus

O ministro de Sanidade, Salvador Illa_AX.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou este sábado que a próxima semana convocará ás comunidades autónomas para unha reunión do Consello Interterritorial de Saúde co fin de coordinar medidas fronte ao coronavirus, tras a confirmación o venres do primeiro caso en España, na illa canaria da Gomera.
Illa, que presidiu o comité de seguimento do coronavirus, quixo trasladar unha «mensaxe de confianza» no Sistema Nacional de Saúde, a pesar da aparición deste caso positivo, un turista alemán que estivera en contacto no seu país cun paciente portador do virus. Por esa razón, Illa considera que hai que «seguir traballando na mesma liña, coa coordinación das comunidades autónomas, coas autoridades europeas, con seguimentos diarios e a toma de decisións baseadas nas opinións de expertos».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha