Sanidade rexeita a vacinación voluntaria con AstraZeneca para menores de 60 anos


A actualización da Estratexia de vacinación contra a COVID-19, que publicou este mércores o Ministerio de Sanidade, denega a posibilidade de que os menores de 60 anos elixan voluntariamente a vacina de AstraZeneca, tal e como expuñan algunhas comunidades autónomas como Madrid ou Andalucía. O texto lembra que “a elección da vacina para aplicar non pode establecerse por eleccións individuais, senón que debe basearse na eficacia e a indicación da vacina para os diferentes grupos de poboación”. O documento actualizado por Sanidade especifica que o grupo 9 (persoas de 51 a 59 anos) “recibirán a vacina que se considere en función da dispoñibilidade, o contexto da pandemia e as evidencias”.