Sanidade suaviza as restricións en oito concellos

1 minutes read
  • Concellos como Dumbría ou Ribeira estarán baixo observación, mentres que Moaña entra no grupo de municipios con restricións especiais

A Consellería de Sanidade levantou, despois dunha reunión co comité clínico de expertos na Covid-19, as restricións especiais en tres concellos da provincia de Ourense, Verín, Amoeiro e Coles; noutros tres da provincia da Coruña, Trazo, Boqueixón e Val do Dubra; nun da provincia de Lugo, Monforte; e noutro da provincia de Pontevedra, Campo Lameiro. Nestes concellos rexen, desde a medianoite deste mércores, as medidas de nivel 2.

Por outra banda, o concello de Moaña ingresa no grupo de municipios con restricións especiais; e os concellos de Ribeira, Petín, A Rúa, Dumbría e A Lama están baixo observación específica debido á súa evolución epidemiolóxica.

A Xunta de Galicia lembra a obrigatoriedade de cumprir as normas restritivas para facer fronte á pandemia, e solicita a máxima colaboración dos concellos e das Forzas de Seguridade do Estado para a vixilancia das mesmas.