Sanidade veta os carteis críticos en centros do Sergas

1 minutes read

Logo de dous meses de importantes mobilizacións cidadás e de profesionais sanitarios en Verín, tras a supresión no hospital comarcal do paridoiro e das urxencias pediátricas que a Xunta recupera en febreiro, e no medio dun conflito sanitario que acumula protestas desde hai anos, o Sergas semella querer tomar medidas. Polo menos no que ten que ver coas pancartas e os carteis nos centros sanitarios. A circular, publicada na web do Sergas o 24 de xaneiro e remitida aos centros dende a Xerencia o luns 27, di que “cómpre regular” neste ámbito e advirte de que os centros públicos “pertencen a todos os cidadáns”, polo que “a presenza de determinados símbolos, críticas ás diferentes políticas sanitarias ou convocatorias a actos e concentracións de protesta irían en contra do principio de neutralidade das institucións, propio dunha sociedade pluralista”. Así, o Sergas dá unha serie de instrucións nas que indica que hai xa “taboleiros oficiais de anuncios ou espazos habilitados para estes usos”, polo que “non se permitirá a colocacion de carteis, notas, imaxes ou comunicados nas paredes, ascensores, portas ou demais espazos publicos”. Advirte, ademais, de que os despachos onde o persoal desenvolve o seu traballo son tamén espazos públicos, “independentemente de que poidan acceder pacientes ou persoas alleas ao centro”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?