Sanitarios de toda Galicia saíron á rúa en Santiago para reclamar melloras laborais


A marcha, na que participaron representantes de diversas formacións políticas, foi convocada polo colectivo “Enfermeiras eventuais en loita”. Partiron da alameda compostelá e percorreron varias rúas da cidade en demanda dunha contratación estable.”Onde están os aplausos, os aplausos onde están?”, reiterou a comitiva de persoal sanitario polas rúas do Ensanche e o centro histórico compostelán en referencia a un dos xestos máis simbólicos da pandemia. Aquelas semanas, subliñan plataformas como Enfermeiras Eventuais en Loita, deixaron á vista problemas estruturais do sistema como a acumulación de centos de contratos para cada profesional, inestabilidade crónica que “pon en perigo a saúde do persoal”, pero tamén “da poboación galega en xeral”.