Santa Comba | A Xunta declara finalmente a caducidade das concesións mineiras de Varilongo

1 minutes read

Tras moitas denuncias, a Xunta vén de declarar finalmente a caducidade das concesións mineiras de Santa Comba, que afectan tanto á histórica mina de volframio de Varilongo como ao novo proxecto de mina a ceo aberto de Corcel Minerals en Castriz.

Así o celebra Ecoloxistas en Acción tras anos de batalla pola liberación deste espazo, pero ao mesmo tempo esixe á Xunta que obrigue á mineira australiana a constituír un aval de como mínimo 5 millóns de euros para facer frente á restauración, peche e clausura da mina. Entenden que “o plan de restauración aprobado en 2011, cun irrisorio orzamento de 53.000 euros e nunca sometido a participación pública, é totalmente insuficiente para facerse cargo do peche e clausura da mina, cun custo real de restauración será de varios millóns”. Esperan que non aconteza como no Monte Neme.

Lembran que a mina de estaño e volframio, propiedade da mesma empresa australiana que pretende reabrir as minas de San Finx, leva abandonada dende 1986, fai máis de 30 anos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?